Souda, Grecia
Souda | |
---|---|
Σούδα | |
![]() O illote de Souda, á dereita dun pequeno illote chamado León, na baía de Souda. | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Periferias de Grecia | Illa de Creta |
Mar | Mar Mediterráneo |
Coordenadas | 35°29′20″N 24°09′07″L / 35.48889, -24.15194Coordenadas: 35°29′20″N 24°09′07″L / 35.48889, -24.15194 |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Souda (grego: Σούδα) é un illote na Baía de Souda na costa noroeste de Creta. Na antigüidade este illote era un dos dous illotes coñecidos como Leukai. O segundo dos illotes coñécese hoxe en día como León.
Historia[editar | editar a fonte]
A illa fortificouse polos venecianos debido á súa situación estratéxica, o control da entrada ao ancoraxe da Baía de Souda (que segue sendo unha importante base naval grega e da OTAN). Aínda que o resto de Creta caeu baixo control otomán na Guerra de Creta (1645-1669), a fortaleza de Souda (xunto coas fortalezas da illa de Gramvousa e Spinalonga) mantívose en mans venecianas ata 1715, cando tamén caeron en mans otomás. Durante este tempo, a illa serviu de refuxio aos insurxentes de Creta.
Concurso musical entre as Sereas e as Musas[editar | editar a fonte]
No lado noroeste do illote, unha pequena distancia, hai outro illote que é case de forma redonda, que antes nos mapas venecianos medievais aparecía como Illa Coello (coñecida como Nisi e León hoxe en día). Na antigüidade, estes dous illotes foron chamados Leukai (do grego, "brancas"). O seu nome provén da antiga mitoloxía grega sobre un concurso musical entre as sereas e as musas. Máis ala da súa angustia pola perda da competición, escribe Esteban de Bizancio, as Musas arrincaron as plumas das ás dos seus rivais; as sereas volveronse brancas e caeron no mar en Áptera ("ás") onde se formaron as illas da baía que se chama Lefkai.[1]

Referencias[editar | editar a fonte]
- ↑ Caroline M. Galt, "A marble fragment at Mount Holyoke College from the Cretan city of Aptera", Art and Archaeology 6 (1920:150).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Souda, Grecia ![]() |