Sorry for Party Rocking é o segundo álbum da banda estadounidense de dance popLMFAO. Foi publicado o 17 de xuño do 2011 a través do selo Interscope Records. "Party Rock Anthem" foi o primeiro sinxelo editado do disco e onverteuse nun éxito internacional. O segundo sinxelo sería "Champagne Showers", que acadou o número 8 en Nova Zelandia e o 9 en Australia. Tamén entraría nas listas de Francia, Irlanda e Austria. O terceiro, "Sexy and I Know It", lanzouse o 16 de setembro e chegou ao número 1 da lista estadounidense Billboard Hot 100 e tamén das listas en Australia, Canadá e Nova Zelandia. "Sorry for Party Rocking" publicouse o 9 de xaneiro do 2012 como cuarto sinxelo chegando ao posto 8 en Bélxica, 16 en Francia, 18 en Irlanda, 19 na lista Pop Songs dos Estados Unidos, 23 no Reino Unido, 27 en Nova Zelandia, 31 no Canadá, 32 en Australia e 49 na Billboard Hot 100.