Somnambulismo tecnolóxico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O somnambulismo tecnolóxico consiste na ignorancia que posúe a sociedade con respecto ao proceso de cambio que está sufrindo a humanidade debido á tecnoloxía. Foi creado por Langdon Winner e é utilizado comunmente na filosofía da tecnoloxía.

Orixe[editar | editar a fonte]

Winner relaciona esta falta de interese coa cultura tecnolóxica que posúen as persoas debido a que é común o non sopesar as consecuencias que traen os cambios que se van efectuando na contorna. Ademais de que, na maioría dos casos, a tecnoloxía é considerada como algo que se atopa presente na vida diaria do mesmo xeito que calquera elemento da natureza.

Determinismo tecnolóxico[editar | editar a fonte]

Ao falar de somnambulismo tecnolóxico pódese relacionar en gran medida co determinismo tecnolóxico, onde este último consiste en considerar á tecnoloxía como un elemento capaz de afectar positivamente o desenvolvemento socioeconómico dalgún grupo ou, noutras palabras, aceptar os progresos que esta vai realizando como inevitables.

O determinismo tecnolóxico poderíase considerar a etapa final do somnambulismo tecnolóxico, onde a persoa xa non simplemente estaría a durmir fronte ao cambio, ignorándoo voluntariamente, neste caso estaría totalmente convencida da naturalidade dos sucesos que ocorren debido a ela considerándoa non como un elemento creado e controlado polo home senón que, pola contra, a tecnoloxía contrólanos e cambia a nós como sociedade de forma incontrolable.[1]

O somnambulismo tecnolóxico pódese relacionar desta maneira cunha concepción fatalista da filosofía tecnolóxica derivada da concepción determinista, na que a autonomía da tecnoloxía supón unha noción de inevitabilidad á marxe de calquera vontade posible. Desde os seus inicios, en plena Revolución Industrial do século xix e co materialismo sociolóxico de Karl Marx, (1818-1883), no que a tecnoloxía —e as súas relacións de produción— é exposta por primeira vez como un factor determinante na construción do sistema social, a concepción da tecnoloxía en relación coa cultura e a sociedade foise reconstruíndo seguindo diferentes liñas de pensamento; a Escola de Frankfurt (Dialéctica da ilustración) Martin Heidegger, Lewis Mumford, Jacques Ellul, Herbert Marcuse… Ata chegar a conclusións determinantes como que a tecnoloxía condiciona, sen ser os individuos conscientes diso, o tempo vivido ou as tendencias escollidas: «A vida pasa a ter menos tempo e a tecnoloxía substitúe a reflexión polo reflexo». [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Antonio Diéguez. "Determinismo Tecnológico" (PDF). Consultado o 18 de maio de 2016.