Somersby (sidra)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Botella de Somersby Cider de sidra de mazá.

Somersby Cider (en galego "Sidra Somersby"), é unha marca de bebida de sidra de 4,5 % de contido alcohólico, feita pola fábrica de cervexas danesa Carlsberg Group. Desenvolvida no ano 2008[1] e orixinalmente fabricada para o mercado danés, na actualidade distribúese en máis de 35 países, incluídos os países da Escandinavia, Reino Unido, Rusia, Australia, Malaisia, Canadá e os Estados Unidos de América.[2] Das dez marcas de sidra máis vendidas do mundo, Somersby foi a que tivo o maior crecemento no ano 2012.[2]

No ano 2012, a subsidiaria de Carlsberg Group no Reino Unido chamada Carlsberg UK, desenvolveu e introduciu unha nova versión da Somersby Cider soamente para o mercado inglés. Somersby cider UK (é o nome que ten esta versión da bebida de sidra no Reino Unido), ten un contido alcohólico dun 4,5 %, esta sidra-seca non contén ningún sabor artificial ou edulcorantes.[3]

A pesar da súa orixe danesa, a sidra é comercializada en varios territorios coa creación de "Lord Somersby".[4][5]

A bebida non ten conexións discerníbeis á vila inglesa de Somersby (Lincolnshire).

Variedades[editar | editar a fonte]

Ademais da sidra de mazá pura, a marca Somersby tamén está a usar outra variade que como a sidra de pera, sidra de mazá con sabor de amorodo e tamén unha sidra de mazá con menos calorías.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Somersby Cider product information". Consultado o 2012-07-11. 
  2. 2,0 2,1 "Somersby was fastest-growing of the global top 10 cider brands in 2012". Arquivado dende o orixinal o 07-11-2013. Consultado o 11-7-2012. 
  3. "Somersby Cider Official UK Website". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2015. Consultado o 25 de xullo de 2014. 
  4. https://www.coolbrandz.com/coolideas/fun-lab-co-create-somersby-become-brand-ambassador/
  5. https://www.youtube.com/watch?v=52uc52l5jws
  6. "The Ciders". Official website. Consultado o 6 de xullo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]