Some Loud Thunder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Some Loud Thunder
Álbum de Clap Your Hands Say Yeah
Publicado29 de xaneiro do 2007
Duración45:15
Xénero(s)indie rock
Selo(s)auto-editado (EEUU)
Wichita, V2 (RU)
Producido porDave Fridmann
Cronoloxía
Clap Your Hands Say Yeah Some Loud Thunder Hysterical

Some Loud Thunder é o segundo álbum da banda estadounidense de indie rock Clap Your Hands Say Yeah. Foi editado o 29 de xaneiro do 2007 no Reino Unido e un día despois nos Estados Unidos, aínda que a xente que o pre-ordenou tívoo dispoñible como descarga legal o 16 de xaneiro. O disco foi producido por Dave Fridmann, coñecido polo seu traballo con Mercury Rev e The Flaming Lips.

O álbum estreouse no número 47 da lista Billboard 200, ao vender 19.000 copias na súa primeira semana. O tema "Satan Said Dance" foi elixida a 95 mellor canción do 2007 pola revista Rolling Stone.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas composos por Alec Ounsworth, agás onde se indique.

  1. "Some Loud Thunder"
  2. "Emily Jean Stock"
  3. "Mama, Won't You Keep Them Castles in the Air and Burning?"
  4. "Love Song No. 7"
  5. "Satan Said Dance"
  6. "Upon Encountering the Crippled Elephant"
  7. "Goodbye to Mother and the Cove" (Ounsworth, Tyler Sargent, Sean Greenhalgh)
  8. "Arm and Hammer"
  9. "Yankee Go Home"
  10. "Underwater (You and Me)"
  11. "Five Easy Pieces"
  12. "The Sword Song" (canción extra na edición xaponesa e en iTunes)