Solenoide alfa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Un trímero da proteína que contén clorofila-peridinina do dinoflaxelado Amphidinium carterae mostrando o seu pregamento en solenoide alfa. Os pigmentos peridinina unidos móstranse en rosa e as clorofilas en negro.

O solenoide alfa é un tipo de pregamento da estrutura terciaria das proteínas, que se atopa nas subunidades proteicas dos complexos colleitadores de luz, particularmente nas proteínas clorofila peridinina dos dinoflaxelados [1], e formando dominios de proteínas eucarióticas de maior tamaño que forman parte do complexo do poro nuclear [2]. O pregamento consiste en varias hélices alfa dispostas formando un patrón curvado que lembra a un barril beta de tipo brazo de xitano ou remuíño (jellyroll).

O grao de curvatura do solenoide alfa depende da súa secuencia primaria de aminoácidos. Os solenoides moi curvados teñen patróns de secuencias predicibles e levaron á identificación de probables compoñentes de tipo solenoide no proteasoma [3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hofmann E, Wrench PM, Sharples FP, Hiller RG, Welte W, Diederichs K. (1996). Structural basis of light harvesting by carotenoids: peridinin-chlorophyll-protein from Amphidinium carterae. Science 272(5269):1788-91.
  2. Devos D, Dokudovskaya S, Alber F, Williams R, Chait BT, Sali A, Rout MP. (2004). Components of coated vesicles and nuclear pore complexes share a common molecular architecture. PLoS Biol 2(12):e380.
  3. Kajava AV. (2002). What curves alpha-solenoids? Evidence for an alpha-helical toroid structure of Rpn1 and Rpn2 proteins of the 26 S proteasome. J Biol Chem 277(51):49791-8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]