Saltar ao contido

Sodalita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sodalita
Sodalita masiva
Información xeral
Fórmula químicaNa₄Si₃Al₃O₁₂Cl
ClaseSilicatos
SubclaseTectosilicatos
Sistema cristalinoCúbico
Propiedades físicas
CorIncolora, negra, azul
BrilloDe vítreo a graxo
Dureza5,5-6
ExfoliaciónImperfecta
FracturaConcoidea
RaiaBranca
Densidade2,3 g/cm3
Propiedades ópticas
Clasificación
Outros datos
Referencias

A sodalita é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é Na8(AlSiO4)6Cl2 (25,5% de Na2O, 31,5% de Al2O, 37,5% de SiO2 e 5,5% de cloro).

A sodalita preséntase normalmente de forma masiva, amorfa e granulada aínda que non é raro atopar cristais cúbicos dunha maior transparencia e pureza. É de cor azul e negra, aínda que pode aparecer tamén incolora.

Variedades da sodalita

[editar | editar a fonte]

Existen dous tipos de sodalitas:

  • Hackmanita, que contén algo de xofre (S).
  • Molibdosodalita, que contén algo de molibdeno (Mo).

Lugares onde se atopa

[editar | editar a fonte]

Aparece en rochas pobres en sílice coma as sienitas e os basaltos.

Usos da sodalita

[editar | editar a fonte]

Descuberta en 1806 en Groenlandia, a sodalita non se utilizou coma material ornamental de importancia ata 1891 cando grandes xacementos de calidade foron atopados en Ontario (Canadá). Dende entón coñécese co sobrenome de princesa azul despois de que a Princesa Patricia, de visita en Ontario pouco tempo despois do seu descubrimento, elixise a sodalita para a decoración interior do Marlborough House en Inglaterra.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

A sodalita presenta efervescencia ó contacto con ácido clorhídrico.

Outros silicatos

[editar | editar a fonte]

Outros silicatos a destacar son o cuarzo, a mica, o feldespato e a olivina.