Saltar ao contido

Sociedade Europea de Física

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Sociedade Europea de Física (en inglés, European Physical Society, EPS) é unha organización sen ánimo de lucro cuxo propósito é promover a física e o labor dos físicos en Europa. Foi creada en 1968,[1] e entre os seus membros inclúense as sociedades nacionais de física de 42 países, e uns 3200 membros individuais. A Sociedade Alemá de Física, a maior organización de físicos no mundo, é un membro importante.[2]

Unha das súas principais actividades é a organización de conferencias internacionais. A súa revista é Europhysics Letters; entre as súas outras publicacións inclúense Europhysics News e a European Journal of Physics. Está organizada en 11 divisións e 7 grupos.

A EPS outorga diversos premios, incluíndo o Premio EPS Europhysics, e o Premio Lisa Meitner.[3]

Conferencias patrocinadas

[editar | editar a fonte]

A EPS organiza periodicamente as Europhysics Conferences[4] sobre distintos campos da física e, ademais, patrocina outros eventos (Sponsored Conferences) organizados por outras organizacións afíns, como a Conferencia Internacional de Estudantes de Física[5] en 2011.[6]

  1. Lewis, John L. (1999). Taylor & Francis, ed. "125 Years: The Physical Society and the Institute of Physics". p. 126. ISBN 0-7503-0609-2. 
  2. Deutsche Physikalische Gesellschaft (ed.). "DPG" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2009. Consultado o 13 de decembro de 2008. European Physical Society (EPS), in der auch die DPG als nationale Gesellschaft Mitglied ist. 
  3. "EPS Europhysics Prize". European Physical Society. 
  4. "Lista de Europhysics Conferences.". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2012. Consultado o 11 de xullo de 2017. 
  5. "EPS Sponsored Conferences". European Physical Society. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 11 de xullo de 2017. 
  6. "Lista de Sponsored Conferences.". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2012. Consultado o 11 de xullo de 2017.