Slow Pulp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Slow Pulp
A banda en 2021
OrixeMadison, Wisconsin,
Período2015 - presente
Xénero(s)indie rock
Selo(s) discográfico(s)Winspear, Anti-
MembrosTeddy Mathews
Alex Leeds
Henry Stoehr
Emily Massey
Na rede
slowpulp.com
Twitter: slowpulpband Instagram: slowpulpband Musicbrainz: 00505f51-68a8-45fc-b6d6-51be64751378 Editar o valor em Wikidata

Slow Pulp é unha banda estadounidense de indie rock formada en Madison, Wisconsin, aínda que no presente está baseada en Chicago, Illinois.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O grupo formárono os amigos da infancia Teddy Mathews, Alex Leeds e Henry Stoehr. O seu primeiro lanzamento, un EP titulado EP1, apareceu no ano 2015.[2] En 2017 Slow Pulp publicou un segundo EP, co título EP2, sendo o seu primeiro traballo coa nova membro Emily Massey.[2] En 2019 a banda lanzou outro EP, Big Day.[2] O seu primeiro álbum de estudio, Moveys, foi editado o 9 de outubro de 2020 a través do selo Winspear.[1][3] O disco recibiu recensións positivas.[4][5][6]

En 2023 a banda asinou un contrato co selo Anti-,[7] a través do cal publicou o seu segundo álbum de estudio, Yard, no mes de setembro dese ano.[8]

Membros[editar | editar a fonte]

  • Emily Massey (voces/guitarra)[9]
  • Alex Leeds (baixo/voces)[9]
  • Teddy Mathews (batería)[9]
  • Henry Stoehr (guitarra)[9]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo Notas
EP1 2015 autoeditado EP
EP2 2017 autoeditado EP
Big Day 2019 autoeditado EP
Moveys 2020 Winspear álbum
Yard 2023 Anti- álbum

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Slow Pulp Announce Debut Album Moveys, Release Lead Single". pastemagazine.com (en inglés). 2020-07-09. Consultado o 2022-01-02. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Band To Watch: Slow Pulp". Stereogum (en inglés). 2019-05-14. Consultado o 2022-01-02. 
  3. "Slow Pulp share new single 'Idaho', announce debut album". NME (en inglés). 2020-07-09. Consultado o 2022-01-02. 
  4. "Slow Pulp’s Moveys Celebrates Small Victories". pastemagazine.com (en inglés). 2020-10-08. Consultado o 2022-01-02. 
  5. "Slow Pulp: Moveys". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2022-01-02. 
  6. "Slow Pulp’s charming debut lays reflection and self-growth side by side". The Line of Best Fit (en inglés). Consultado o 2022-01-02. 
  7. Geiger, Amy (2023-02-27). "Slow Pulp sign to ANTI-, touring with Pixies & Death Cab for Cutie (hear new single "Cramps")". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2023-10-06. 
  8. "Slow Pulp Share New Single "Doubt": Listen". Stereogum (en inglés). 2023-07-25. Consultado o 2023-10-06. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 "Get To Know… Slow Pulp". DIY. Consultado o 21 de outubro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]