Sitamón
Sa-t-i-mn (Sitamón) Filla de Amón en xeroglífico |
|
Relevo representando a Sitamón proveniente do templo funerario de Amenofis III, Museo Petrie de Arqueoloxía Exipcia (Londres) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1350 a.C. Antigo Exipto |
Morte | c. década de 1300 a. C. (69/79 anos) |
País de nacionalidade | exipcia |
Actividade | |
Ocupación | Princesa da Dinastía XVIII do Antigo Exipto |
Outro | |
Título | Great Royal Wife (en) |
Familia | Dinastía XVIII de Exipto |
Cónxuxe | Amenhotep III |
Pais | Amenofis III e Tiy |
Irmáns | A dama nova Beketaten Iset Nebetah Henuttaneb Semenkhkare Thutmose Akhenatón Mutnofret Amen-hotep I Ahmose-Meritamun Ahmose-Sitamun |
Sitamón foi unha princesa real e raíña consorte da dinastía XVIII do Antigo Exipto, que viviu cara ao ano 1350 a.C.. Outras formas de nomeala: "Satamón", "Sitamen", "Satamun"...
Familia
[editar | editar a fonte]Descoñecemos a xenealoxía exacta de Sitamón, pero adóitana facer como a filla máis vella do faraón Amenhotep III e da súa primeira e máis importante Grande Esposa Real, a raíña Tiy. Outras fontes pensan que no canto de ser filla de Amenhotep III era a súa irmá (sería entón filla de Thutmose IV e da súa Grande Esposa Real Iaret), aínda que a versión máis estendida na actualidade é que fosen pai e filla.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano 30º do reinado de Amenhotep III, cando se celebraba o xubileu do monarca (o soado festival Heb Sede), o monarca decidiu casar con Sitamón, que por entón debería de contar vinte anos, máis ou menos. Isto debeu de ser unha gran sorpresa, sobre todo para o pobo común, pois nunca antes se deran casos de incesto, ou polo menos iso se cría. O certo é que as causas de que Amenhotep III casase a esas alturas con Sitamón, cando a súa descendencia parecía asegurada xa polo futuro Akhenatón son un enigma. En teoría, e como xa se dixo antes, Sitamón estaba destinada a casar co seu irmán, e non co seu pai.
Tras este feito, Sitamón practicamente desaparece de escena, e non se volve a ter mención dela ata logo da morte do seu pai e marido, nove anos despois do seu matrimonio. A pesar de ser ascendida ao rango de Grande Esposa Real (cousa que non fixo Amenhotep III co resto das fillas coas que casaría), nunca tivo tanta importancia como a súa nai Tiy, nin ningún peso político coñecido.
Títulos de Sitamón
[editar | editar a fonte]- Gran Filla Real (filla primoxénita).
- Grande Esposa Real (Esposa de Amenhotep III), no ano 30º do reinado de Amenhotep III (festa Sed).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sitamón |