Sistema de dous imperios
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O sistema de dous imperios foi un dos máis aceptados e o máis alto sistema de clasificación de uso xeral antes do establecemento do Sistema de tres dominios. Todo o que existe clasifícase en "sen vida" (Mineralia), e "vida" (Biota ou Vitae), que se subdividía nos imperios Cytota [1] ou vida celular, e Acytota ou Aphanobionta, ou vida non celular. O imperio Cytota subdividíase nos superdominios Prokaryota (procariotas) e Eukaryota (eucariotas).
Cando o sistema de tres dominios se introduciu, algúns biólogos preferiron o sistema de dous imperios, alegando que o sistema de tres dominios exaxera a división entre as archaeas e as bacterias. Porén, dado o estado actual dos coñecementos e o rápido progreso científico biolóxico, sobre todo debido ás análises xenéticas, este sistema desapareceu totalmente.
| Dous series | Dous imperios | Tres dominios | Seis reinos | |
|---|---|---|---|---|
| Mineralia (sen vida) | ||||
| Biota / Vitae (Vida) |
Acytota / Aphanobionta (Virus, Viroides, Prións?, ...) Vida non celular | |||
| Cytota Vida celular |
Prokaryota |
Bacteria | Eubacteria | |
| Archaea | Archaebacteria | |||
| Eukaryota | Protista | |||
| Fungi | ||||
| Plantae | ||||
| Animalia | ||||
A este sistema precedeuno o sistema de tres reinos de Haeckel: Animalia (animais); Plantae (plantas) e Protista (protistas).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ En taxonomía biolóxica o termo Cytota, (derivado do grego κύτος, "cavidade", aquí co significado de "célula", e o suf. -ota, indicando plural) é o superdomino que inclúe toda vida celular. Cando a definición de vida inclúe as formas de vida non celular e celular, esta é unha das dúas divisións principais, sendo a outra Acytota.