S.S. Felice Scandone
Sidigas Avellino | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Società Sportiva Felice Scandone |
Fundación | 1948 |
Desaparición | 29 de xullo de 2021 |
Cores | Branco, verde, laranxa |
Presidente | Gerardo Santoli (último) |
Patrocinador | Sidigas |
Localización | |
Cidade | Avellino, Italia |
Pavillón | PalaDelMauro |
Capacidade | 5 195 |
Inauguración | 1987 |
Campionatos | |
Copa | 1 (2008) |
scandonebasket.it |
A Società Sportiva Felice Scandone Basket Avellino foi un club profesional de baloncesto italiano da cidade de Avellino, na rexión da Campania. En 2019 o equipo renunciou á súa praza na Lega Basket Serie A, a máxima competición do baloncesto italiano, por motivos económicos. Despois de competir na temporada 2020−21 da Serie B, terceira categoría do país, o equipo descende de categoría, decidindo non se inscribirse en ningunha competición para a seguinte temporada.[1] Fundado en 1948, obtiveron o seu primeiro título no ano 2008, cando gañaron a Coppa Italia tras vencer na final á Virtus Bologna por 73 a 67. Xogaba os seus encontros como local no Palasport Giacomo Del Mauro, un pavillón remodelado en 2008 con capacidade para 5 100 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O mellor resultado na historia do club é a terceira praza da Serie A italiana obtida na tempada 2007-08 e que lle permitiu participar na Euroliga na tempada 2008-09. O único título do club chegou no 2008, ao gañar a Copa de Italia. En 2019 debido a motivo económicos o Felice Scandone renuncia á súa praza na Serie A, sendo descendido en consecuencia á Serie B, terceira categoría italiana. Na temporada 2020−21, o equipo finaliza en 15º lugar, perdendo nas eliminatorias polo descenso a categoría. Após a finalización da temporada, o club decide non inscribirse en ningunha competición, facendo así oficial a desaparición da sociedade o 29 de xullo de 2021.[1]
Patrocinadores
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa historia o Felice Sandone de Avellino levou diferentes nomes por mor de motivos de patrocinio:[2]
- Pasta Baronia Avellino (1996−1997)
- Cirio Avellino (1997−1998)
- Select Avellino (1998−1999)
- Nicoloro Avellino (1999)
- De Vizia Avellino (1999−2002)
- A.IR. Avellino (2003−2011)
- Sidigas Avellino (2011−2019)
Palmarés
[editar | editar a fonte]Títulos nacionais
[editar | editar a fonte]- Copa de Italia
- Campións (1): 2008
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "SS Felice Scandone Avellino, arriva il fallimento" [SS Felice Scandone Avellino, chega a quebra]. Sportando (en italiano). 29 de xullo de 2021. Consultado o 3 de agosto de 2021.
- ↑ "Lega A Basket historia do S.S. Felice Scandone". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2011. Consultado o 07 de xuño de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial
- Perfil na web da Lega Arquivado 24 de maio de 2010 en Wayback Machine.