Shenyang J-15
Shenyang J-15 | |
---|---|
Tipo | caza multirrol embarcado |
Fabricante | Shenyang Aircraft Corporation |
Primeiro voo | 31 de agosto de 2009 |
Introducido | 2013 |
Estado | en produción |
Principais usuarios | Forza Aérea do Exército Popular de Liberación |
Unidades construídas | 50 (en 2019) |
O Shenyang J-15 (chinés: 歼-15), designación OTAN: Flanker-X2, tamén coñecido como "Tiburón Voador" (chinés: 飞鲨; pinyin: Fēishā), é un caza multirrol embarcado chinés de 4ª xeración[1] desenvolvido por Shenyang Aircraft Corporation (SAC) e o Instituto 601 para a Forza Aérea Naval do Exército Popular de Liberación para servir nos portaavións da Armada do Exército Popular de Liberación.
Un prototipo sen rematar do Su-33, o T-10K-3,[2] foi mercado por SAC a Ucraína en 2001 e dise que foi estudado extensamente e a través de enxeñería inversa comezou a desenvolverse o J-15 xusto despois.[3][4][5][6] Aínda que o J-15 semella estar estruturalmente baseado no prototipo do Su-33, o caza conta con tecnoloxías chinesas, así como coa aviónica do programa Shenyang J-11B.[7] En febreiro de 2018, as discusións sobre a substitución do avión apareceron en varios medos chineses, incluída a axencia de noticias Xinhua e os principais medios militares do país, discutindo sobre se pertencía á 4ª ou 4,5 xeración de cazas. Así, o J-15 é visto como un caza embarcado provisional ata que un sucesor de 5ª xeración entre en servizo, un que poida estar baseado no Chengdu J-20 ou no Shenyang FC-31.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Experts' comparative analysis of performance between J-15 and U.S. F-18 - People's Daily Online". en.people.cn. Consultado o 2022-03-11.
- ↑ "Chinese Aircraft - J-11 [Su-27 FLANKER]". www.globalsecurity.org. Consultado o 2022-03-11.
- ↑ "Russia downplays Chinese J-15 fighter capabilities". RIA Novosti. 2010-06-07. Archived from the original on 07 de xuño de 2010. Consultado o 2022-03-12.
- ↑ "Chinese Aircraft - J-11 [Su-27 FLANKER]". web.archive.org. 2010-02-18. Archived from the original on 18 de febreiro de 2010. Consultado o 2022-03-12.
- ↑ "Revealing Shenyang J-XX Stealth Fighter of China - What's On Xiamen". web.archive.org. 2016-05-07. Archived from the original on 07 de maio de 2016. Consultado o 2022-03-12.
- ↑ "俄方称中国自研先进战机不顺 仍将回头购俄战机_军事_凤凰网". web.archive.org. 2016-07-09. Archived from the original on 09 de xullo de 2016. Consultado o 2022-03-12.
- ↑ Fulghum, David A. "New Chinese Ship-Based Fighter Progresses". Article. Aviation Week.