Severino Barros de Lis
Severino Barros de Lis | |
---|---|
![]() Banquete en Lar Gallego ao seu vicepresidente Severino Barros de Lis con motivo da súa elección como deputado, 1934. | |
Nacemento | 1887 |
Lugar de nacemento | Cotobade |
Falecemento | 9 de maio de 1939 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e político |
Fillos | Jesús Barros de Lis |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Severino Barros de Lis, nado en Cerdedo-Cotobade en 1887 e finado en Madrid o 9 de maio de 1939,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Gañou a oposición á Xudicatura e á de Secretarios xudiciais. Foi xuíz en varias localidades españolas e secretario xudicial na Audiencia de Burgos. Finalmente desempeñou a secretaría da Sala Terceira do Tribunal Supremo de España. Xa en decembro de 1930 manifesta o seu propósito de presentarse como candidato a deputado polo distrito de Ponte Caldelas con carácter agrario-rexionalista.[2] Foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra nas listas da CEDA nas eleccións xerais de 1933 e 1936. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colleuno en Madrid, onde permaneceu agochado durante a guerra civil[1].
Casado con Carmen Gaspar, foi pai de Jesús Barros de Lis Gaspar.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Necrolóxica en Faro de Vigo, 15-5-1939, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-12-1930, p. 3.