Saltar ao contido

Servando López Cao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaServando López Cao
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor en Wikidata
As Pontes de García Rodríguez, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de marzo de 1981 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
As Pontes de García Rodríguez, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde das Pontes de García Rodríguez
xuño de 1936 – xullo de 1936 (destitución)
← José Vilaboy Pajón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, industrial Editar o valor en Wikidata

Servando López Cao, nado nas Pontes de García Rodríguez en 1904 e finado no mesmo concello o 14 de marzo de 1981, foi un industrial e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Industrial. Emigrou a Cuba aos trece anos. Retornou en 1928. Foi secretario de Xulgado en Laxe. Fundou a Sociedad Pompas Fúnebres e Galerías Cabero nas Pontes de García Rodríguez. Pertenceu á ORGA e despois presidiu o comité de Izquierda Republicana das Pontes. Foi concelleiro e en xuño de 1936 foi nomeado alcalde das Pontes logo da destitución de José Vilaboy Pajón. En xullo de 1936 viaxou a Madrid coa delegación galega para entregar o Estatuto de Autonomía ao presidente da República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído. Creou a empresa Mobilar e foi presidente da Asociación Provincial de Empresas de Carpintería e Ebanistería da Coruña. Finou nas Pontes de García Rodríguez o 14 de marzo de 1981.[1]


Predecesor:
José Vilaboy Pajón
 
Alcalde das Pontes de García Rodríguez
 
1936
Sucesor:
José Sierra Casal

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Enríquez Fuentes e foi pai de Carlos e Javier Servando López Enríquez.

  1. La Voz de Galicia, 19-3-1981, p. 60.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sande, María (2013). Alcaldes de As Pontes. Un recorrido desde 1836. A Coruña: Asociación Pro-Muevete. ISBN 978-84-616-6599-0. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]