Separador decimal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O separador decimal é un símbolo usado para indicar a separación entre a parte enteira e a parte fraccional dun número decimal.

     punto      coma      momayyez (coma alta árabe)      descoñecido

O Sistema Internacional de Unidades (SI) e a ISO na súa norma 80000 admiten actualmente dous símbolos: a coma e o punto.[1] Até o ano 2003, a Conferencia Xeral de Pesas e Medidas (CGPM) recomendaba a coma, pero ese ano decidiu admitir ambos signos, á vez que lembraba que hai outras normas internacionais que establecen a coma como único signo en todos os idiomas.[1] Pola súa banda, a outra norma sobre escritura de símbolos, a ISO 80000-1, do ano 2009, tamén admite ambos signos e cancela a anterior recomendación da coma da norma ISO 31-0. En calquera caso, ningún destes dous signos é o apropiado como separador de miles: «os números poden agruparse de tres en tres para facilitar a lectura; pero non se deben utilizar nin comas nin puntos nos espazos entre grupos».

Historia[editar | editar a fonte]

O texto europeo máis antigo que se coñece e que usa o punto como separador decimal é o Compendio do ábaco, publicado en 1492 polo matemático italiano Francesco Pellos.

En 1579, o francés François Viète (na súa obra Canon) introduce o uso dunha coma ou unha barra vertical como separador decimal.

En 1582, o matemático belga Simón Stévin (1548-1620) introduce unha notación moi singular. Onde nós escribiriamos 123,4567 el escribía

123(0) 4(1) 5(2) 6(3) 7(4)

simbolizando así 123 unidades enteiras, 4 unidades decimais de primeira orde (décimas), 5 unidades decimais de segunda orde (centésimas), 6 unidades decimais de terceira orde (milésimas), 7 unidades decimais de cuarta orde (diezmilésimas).

Dez anos máis tarde, o suízo Jost Bürgi simplificou a notación eliminando a mención inútil da orde das fraccións decimais consecutivas e pondo enriba da cifra das unidades o signo º:

O mesmo ano, o italiano Magini substituíu esa marca por un punto que colocou entre a cifra das unidades e a das décimas. Así naceu a notación que aínda se utiliza nos nosos días nos países anglosaxóns:

No que respecta á coma decimal, foi ideada a principios do século XVII polo matemático e óptico holandés Wilbord Snellius (1580-1667), coñecido tamén como Willebrord Snell e Willebrord Snel van Royen:

En 1617, o matemático escocés John Napier (no seu Rhabdologia) usa tanto a coma como o punto, aínda que na súa importantísima táboa de logaritmos utilizou particularmente o punto decimal.

No século XVIII o uso da coma decimal estendeuse pola Europa continental, mentres que nas illas Británicas o punto decimal volveuse o estándar no uso, talvez pola influencia da obra de Napier.

Xa en 1771 a Enciclopedia Británica (en inglés Encyclopedia Britannica) recolle o uso do decimal point (punto decimal) na súa entrada «Arithmetick».

Uso actual[editar | editar a fonte]

Países que usan a coma decimal[editar | editar a fonte]

Entre os países que usan a coma como separador decimal están:

Países que usan o punto decimal[editar | editar a fonte]

Entre os países que usan o punto como separador decimal están:

Apóstrofo[editar | editar a fonte]

Doutra banda, en países como España téndese a utilizar o apóstrofo ou coma voada de maneira homóloga á coma decimal nos casos de escritura a man, por exemplo:

En máquinas e libros de texto este costume só se segue ocasionalmente, aínda que a rexeitan as Academias da Lingua e non está contemplada nas normas internacionais. Así, no Dicionario panhispánico de dúbidas de 2005 establecen, no artigo temático Coma: a coma debe escribirse na parte inferior da liña, nunca na parte superior:

Exemplos de uso[editar | editar a fonte]

Os seguintes exemplos son as formas de escritura decimal dos países:

Estilo Países
1 234 567,89 Estilo do SI (Versión francesa), Albania, Bélxica, Bosnia, Brasil, Cuba, República Checa, Dinamarca, España, Estonia, Finlandia, Francia, Canadá (parte francófona), Alemaña, Grecia, Hungría, Italia, Europa latina, Países Baixos, Perú, Polonia, Portugal, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia, Suecia, Suíza[2]
1 234 567.89 Estilo do SI (Versión anglosaxoa), China
1,234,567.89 Canadá (parte anglófona), China, Corea, Estados Unidos, Filipinas, Irlanda, Israel, Xapón, Malaisia, México, Nova Zelandia,Reino Unido, Singapur, Tailandia, Taiwan
1,234,567·89 Canadá (parte anglófona), Irlanda, Israel, Xapón, Corea, Malaisia, Nova Zelandia, Filipinas, Singapur, Taiwan, Tailandia, Reino Unido, República Dominicana, Estados Unidos (Vella forma, tipicamente a man)
1.234.567,89 Alemaña, Arxentina, Brasil, Chile, Dinamarca, Eslovenia, España (desaconsellado polas Academias da Lingua), Grecia, Indonesia, Italia, Países Baixos (moeda), Portugal, Romanía, Suecia, Venezuela
1˙234˙567,89 Alemaña, Italia, Romanía
12,34,567.89 India
1'234'567.89 Suíza (moeda)
1'234'567,89 Italia (escritura a man), Suíza (escritura a man)
1.234.567'89 España (escritura a man)
123,4567.89 China (alternativo), Xapón (alternativo)
1'234.567,89 Colombia (alternativo)
1'234,567.89 México (alternativo)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Oficina Internacional de Pesas e Medidas. "Resolution 10 of the 22nd meeting of the CGPM (2003) - Symbol for the decimal marker". Consultado o 19 de xaneiro de 2010. 
  2. Diccionario panhispánico de dudas de la Real Academia de la lengua española.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]