Semerkhet
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XXX a. C. |
| Morte | 2960 a. C. |
| Faraón | |
| ← Anedjib – Qaa → | |
Título real no antigo Exipto
| |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Período | Período Tinita e Primeira Dinastía de Exipto |
| Outro | |
| Título | Faraón |
| Familia | Primeira Dinastía de Exipto |
| Fillos | Qaa |
| Pais | Anedjib |
Semerkhet foi o sétimo faraón da primeira dinastía de Exipto, c. -2861--2853 (von Beckerath).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Segundo Manetón reinou 18 anos, e denomínao Semempses (Xulio Africano e Eusebio de Cesarea), ou Mempses (versión armenia de Eusebio).
Na Lista Real de Abidos figura como Semsu. O Canon Real de Turín chámao Semsem e dá 72 anos.
Manetón comentou que era fillo do anterior rei e que durante o seu reinado ocorreron numerosos prodixios e unha gran calamidade (epidemia) caeu sobre Exipto. Puido ser un fillo de raíña Betrest, esposa de Anedjib, e de pai descoñecido.
O seu sucesor, Qaa, considerouno usurpador do trono, pois ordenou borrar as súas inscricións.
Testemuños da súa época
[editar | editar a fonte]- O lugar da súa sepultura é a tumba U, na necrópole de Umm el-Qaab, en Abidos.
- Inscricións incisas en tarros, e unha cunca de Helwan (Saad).
- Inscrición incisa na tumba U de Abidos, UC 36756 (Museo Petrie).
- Inscrición de selos reais no cemiterio de Umm el-Qaab (Dreyer 1985-95).
| Predecesor: Anedjib |
Faraón Primeira Dinastía |
Sucesor: Qaa |