O selo de Madagascar é un dos símbolos nacionais do país e inclúe un pequeno mapa da illa no centro (xunto con dúas pequenas illas ó seu carón, que son as illas Gloriosas e a illa Tromelin). Na parte inferior atópase representada a cabeza dun cebú. As cores empregadas son o vermello, o verde, o amarelo, o negro e o branco. Os raios verdes e vermellos saen dende o mapa do estado, facendo que se asemelle ó sol.
Nas beiras do selo lense as palabras en lingua malgaxeREPOBLIKAN'I MADAGASIKARA que significan "República de Madagascar", e na base TANINDRAZANA - FAHAFAHANA - FANDROSOANA que significan "Patria - Liberdade - Desenvolvemento". Varias versións do artigo 4 da Constitución de Madagascar empregaron outros lemas.