Selección de tenis de mesa de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O primeiro combinado: de esquerda a dereita Xoán Enseñat, H. Vidal, Xacobe Enseñat, F.X. Padín e V. Malov.

A selección galega de tenis de mesa é o combinado galego de xogadores e xogadoras galegas de tenis de mesa.

A selección masculina xogou o seu primeiro partido internacional o 15 de xullo de 2006 no Pavillón Multiúsos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, fronte á selección de Portugal. O encontro foi de carácter amigábel, e rematou con derrota galega por 0-5. O partido desenvolvíase no marco do trofeo Galiza de seleccións. Os xogadores galegos foron Adrián Vidal, Xoán Enseñat, Valeri Malov e Xacobe Enseñat. O seleccionador foi Fernando Xosé Padín.