Segundo Rey Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Segundo Rey Fernández, nado en Corcubión nos anos oitenta do século XIX e finado no mesmo concello o 20 de xullo de 1953, foi un industrial e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Joaquín Rey e Francisca Fernández Tomé. Traballou como oficial do Rexistro da Propiedade e como administrador dos automóbiles de liña. Foi director da revista Nerio. Foi elixido directivo do Liceo de Artesanos en varias ocasións. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu persecución soterrada polos falanxistas locais: hostilidades, trabas, restricións e obstáculos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Fisterra con Rosina Muñoz Insua o 3 de xullo de 1907.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]