Saltar ao contido

Secuestro do voo MS181 de EgyptAir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeronave involucrada no secuestro, nunha foto tomada en 2010.

O secuestro do voo MS181 da compañía aérea EgyptAir foi un episodio que tivo lugar o 29 de marzo de 2016. Seif Eldin Mustafa, un pasaxeiro do voo que orixinalmente había de cubrir a ruta entre os aeroportos exipcios de Alexandría e O Cairo, ameazou con facer estoupar o aparello se os pilotos non aterraban en Larnaca, na illa de Chipre. Tras dunhas horas, todos os pasaxeiros foron liberados, quedando ceibes todos os reféns. O secuestrador foi arrestado á saída do avión, ao entregarse el mesmo sete horas máis tarde, sen que ninguén resultase ferido no incidente.[1] Posteriormente comprobouse que o explosivo era falso.[2]

A aeronave en cuestión tiña 12 anos desde que foi fabricada. Tratábase dun Airbus A320-200, rexistrada como SU-GCB, MSN 2079. O seu primeiro voo foi o 8 de xullo de 2003, e foi entregado a EgyptAir o 31 de outubro do mesmo ano.[3]

O día 30 de marzo desde mesmo ano, fíxose viral unha selfie que un pasaxeiro tirou co secuestrador, Seif Eldin Mustafa. O autor da fotografía era un mozo de Leeds chamado Ben Innes, o cal afirmou que o motivo da selfie foi que "ao pensar que a bomba era real, en calquera caso non tiña nada que perder".[4]

  1. La Voz de Galicia (ed.). "Detenido el secuestrador del avión de Egypt Air, que actuó por motivos sentimentales.". Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  2. "EgyptAir hijack: Suicide belt worn by the hijacker was fake". DNA (en inglés). Publicado e consultado o 31 de marzo de 2016. 
  3. "Egyptair SU-GCB (Airbus A320 – MSN 2079)". Airfleets.net. Consultado o 29 de marzo de 2016. 
  4. Levante-EMV (ed.). "El surrealista selfie de un pasajero del avión secuestrado en Chipre.". Consultado o 31 de marzo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]