Secuencia de apertura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha secuencia de apertura é un método empregado nos filmes e nas series para presentar o seu título, elenco principal e membros da produción, utilizando recursos visuais e sonoros.[1] Adoita seguir ós créditos de apertura, mais non debe ser confundida con eles, xa que se tratan dunha serie de textos superpostos.

Historia[editar | editar a fonte]

Dende a invención do cinematógrafo empregábanse sinxelas tarxetas con títulos para dar pé ás presentacións de filmes mudos co obxectivo de identificar tanto o título do mesmo como a produtora, así como para sinalar o comezo e fin do filem. No cine mudo, esas tarxetas eran empregadas para comunicar diálogos e narración, e é naquel momento cando aparecen as primeiras secuencias de apertura propiamente ditas, sendo unha serie de tarxetas amosadas ó comezo da produción. A chegada do son non alterou esta convención agás polo feito de que as tarxetas ían acompañadas de música.

Esta convención mantívose durante varios anos ata que a chegada da televisión obrigou ós estudos a investir no desenvolvemento cinematográfico para captar unha audiencia en diminución. Os anuncios de épicos "repartimento de centos" en formato de pantalla ancha foron unha resposta directa á exitosa invasión da televisión no mercado do entretemento. Parte do renovado prestixio e aumento de calidade do cine, con orquestra musical que antecedía a apertura das cortinaxes e longas secuencias de apertura, estaban ideadas para provocar un sentido de gravidade contra o que se agardaba que fose incapaz de competir a televisión. A medida que as secuencias de apertura no cine foron crecendo, empezaron a involucrarse mestres do deseño gráfico como Saul Bass, que influíron moito nos programas de televisión de da década de 1960. Os cineastas de comezos do século XXI tiñan moitas opcións no que respecta ás secuencias de apertura. Nalgúns filmes superpóñense títulos de crédito sobre as secuencias de apertura, mentres que outros prefiren eliminar os títulos e elaborar complexas secuencias ó final do filme.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Georg Stanitzek, Reading the Title Sequence (Vorspann, Générique), trans. Noelle Aplevich, in: Cinema Journal 48,4 (Summer 2009), pp. 44-58.