Seaside Rendezvous

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

"Seaside Rendezvous" é unha canción do grupo de rock británico Queen, que figura como número sete do seu cuarto álbum de estudio: Unha Noite na Ópera. A canción, que nunca foi interpretada en directo, foi escrita por Freddie Mercury e amosa claras influencias do vaudeville e do "music hall".

Esta canción conta cunha curiosa sección de ponte musical executada vocalmente por Mercury e mais por Roger Taylor, na súa parte central.

Nesa parte musical escóitanse uns alegres e agudos sons dun kazoo, producidos vocalmente por Mercury e Taylor, que alcanzan notas infrecuentemente altas. Entre outros instrumentos, tamén interpretan os sons de tubas e trompetas.

Trátase dunha das poucas cancións de Queen nas que Brian May non ten participación ningunha.

A canción parece doutro tempo. Trátase dunha especie de foxtrot, cun aire de ragtime e cunha letra que parece máis ben dos anos 20 ou 30 ("Be My Clementine"). 

Ficha técnica[editar | editar a fonte]

  • Freddie Mercury: guitarra solista e voces de apoio, piano e interpretación vocal de instrumentos de vento.
  • John Deacon: guitarra baixo.
  • Roger Taylor: batería, triángulo e interpretación vocal de instrumentos de metal.