Saturnino Piñeiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1876 Cristiñade, España |
Morte | 18 de maio de 1965 (88/89 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, político |
Familia | |
Irmáns | Manuel Piñeiro Groba Mariano Piñeiro Groba |
Saturnino Piñeiro Groba, nado en Cristiñade (Ponteareas) en 1876 e finado en Vigo o 18 de maio de 1965, foi un agrarista e xornalista galego
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou á Arxentina e instalouse en General La Madrid. Foi redactor do periódico El Lamatritense.[1] Retornou a Ponteareas en 1916. Foi secretario da Federación Agraria do Partido de Ponteareas e dirixiu o periódico El Tea onde tamén escribía a sección "Fuchicadas" que asinaba co pseudónimo Pedro Borreiro. Esas colaboracións foron recompiladas nun libro co mesmo título que editou El Tea en 1927.[2] Colaborou en textos co produtor de cine Xosé Gil. Directivo da Federación Provincial Agraria de Pontevedra, en abril de 1936 foi nomeado secretario do seu Consello directivo. Foi presidente da Liga de Inquilinos y Vecinos de Vigo. Nos anos 50 foi vocal do Consello de Goberno da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Finou en Vigo o 18 de maio de 1965.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]- Fuchicadas, por Pedro Borreiro. El Tea, 1927.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Tea, 22-4-1911, p. 3.
- ↑ Céltiga, 76, 25-2-1928, p. 7.
- ↑ La Noche, 19-5-1965, p. 8.
- ↑ Borreiro, Pedro, 1876-1965
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.