Sarah Myhre
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX |
Educación | Universidade de California en Davis |
Actividade | |
Ocupación | científica, activista climática |
Sarah E. Myhre é unha científica climática, divulgadora e activista pola xustiza ambiental estadounidense. É coñecida polo seu enfoque feminista para a mitigación do cambio climático, e considera necesario que máis mulleres lideren a loita contra o cambio climático. É fundadora e directora executiva do Rowan Institute, unha organización sen ánimo de lucro con sede en Washington D. C. que se enfoca no liderado do cambio climático.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Myhre obtivo o seu doutoramento en ecoloxía na Universidade de California en Davis, en 2014, estudando paleo-oceanografía.[1] A súa mentora foi Tessa M. Hill. É investigadora principal no Project Drawdown, onde investiga a extracción de carbono no océano.[3] Ademais da súa investigación en ciencias do clima, Myhre avoga por incluír as experiencias humanas e usar a empatía cando fala sobre o cambio climático, argumentando que as perspectivas humanistas son importantes para abordar o cambio climático.[4][5][6] Tamén avoga por un enfoque feminista da ciencia do clima, chamando a un maior liderado de mulleres científicas e activistas.[3][7][8][9][10] Myhre argumenta que a ciencia nunca foi apolítica, e non pode ser tratada como tal.[11]
Controversia
[editar | editar a fonte]No transcurso de varios anos, Myhre experimentou un forte acoso polo seu activismo climático.[7] Tamén estivo publicamente en desacordo co científico climático Cliff Mass, o que lle implicou estar máis sometida ao acoso.[4] Segundo un post en Grist, Myhre escribiu un artigo de opinión criticando o nomeamento de Scott Pruitt no xornal The Seattle Times, no que Mass escribiu un comentario cualificándoa de "idealista" e de "non ser unha verdadeira científica do clima".[12][13] Outros colegas advertíronlle que o liderado público sobre o cambio climático é un "suicidio profesional".[5] Tamén foi tachada de alarmista climática".[14]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2017, a revista Seattle Magazine incluíuna dentro da listaxe das Seattleites máis influentes.[15] Ao ano seguinte, en 2018, a Academia Nacional de Ciencias nomeouna Kavli Fellow.[2][16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Sarah E. Myhre" (en inglés). 21 de febreiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2019. Consultado o 29 de outubro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "What We Do" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2019. Consultado o 29 de outubro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 "DRILLED: An Intersectional Approach on Climate, Part 5: Dr. Sarah Myhre on the Feminist Approach to Climate Science" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2019. Consultado o 29 de outubro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 "Woman, scientist, climate advocate: Can you be all three?" (en inglés). 19 de xuño de 2018. Consultado o 29 de outubro de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 "Most Influential: UW's Sarah Myhre Breaks the Buttoned-Up Scientist Mold to Make Her Voice Heard" (en inglés). 22 de decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2020. Consultado o 29 de outubro de 2019.
- ↑ "Meet scientist, feminist, activist Sarah Myhre » Yale Climate Connections" (en inglés). 18 de maio de 2018. Consultado o 29 de outubro de 2019.
- ↑ 7,0 7,1 "Perspectives of Scientists Who Become Targets: Sarah Myhre" (en inglés). 30 de maio de 2018. Consultado o 30 de outubro de 2019.
- ↑ Sarah Myhre, Ph D. "Why Women’s Climate Leadership Is Vital" (en inglés).
- ↑ "Climate Scientist Dr. Sarah Myhre on the UN Climate Change Report". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2020. Consultado o 30 de outubro de 2019.
- ↑ "The trials of women in climate science". Consultado o 30 de outubro de 2019.
- ↑ Andrews, Eve. "She spoke out about climate change—and they tried to make her pay for it" (en inglés). Consultado o 30 de outubro de 2019.
- ↑ "As EPA head, Scott Pruitt must act on climate change" (en inglés). 20 de febreiro de 2017. Consultado o 13 de decembro de 2019.
- ↑ "As EPA head, Scott Pruitt must act on climate change" (en inglés). 20 de febreiro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2019.
- ↑ "Woman, scientist, climate advocate: Can you be all three?" (en inglés). 19 de xuño de 2018.
- ↑ "Most Influential: UW's Sarah Myhre Breaks the Buttoned-Up Scientist Mold to Make Her Voice Heard" (en inglés). 22 de decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2020. Consultado o 29 de outubro de 2019.
- ↑ "Sarah Myhre" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial do Rowan Institute. Arquivado 05 de maio de 2021 en Wayback Machine.