Sappiduwa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Sipidduwa ou Sapidduwa foi unha rexión con centro en Sipiddu, unha cidade do Imperio Hitita, ao norte de Hattusa. A cidade e rexión foi saqueada e ocupada polos kaskas despois do -1400 baixo o reinado de Arnuwandas I. Un home chamado Pitakkatalli, sen dúbida un xefe kaska, estaba mobilizando tropas na cidade de Sippidu (ou Sappidu) en Sippiduwa ou Sappiduwa, pero o rei Suppiluliumas I derrotouno sobre o -1330.