Sampo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O forxado do Sampo, obra de Akseli Gallen-Kallela

Na mitoloxía finlandesa o sampo é un obxecto misterioso construído por Ilmarinen que proporciona ao seu propietario poder e riqueza pero que pode romper durante o ardor do combate.

O sampo interpretouse de diferentes formas, no Kalevala o sampo aparece como un muíño máxico que produce fariña, sal e ouro a partir do aire puro.