Sami Elopuro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSami Elopuro
Biografía
Nacemento22 de novembro de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de squash Editar o valor em Wikidata
DeporteSquash Editar o valor em Wikidata


Sami Elopuro, nado o 22 de novembro de 1964, é un xogador de squash finlandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar en torneos da PSA World Tour a finais da década de 1980 ata a súa retirada en 1995. Participou por primeira volta nun mundial coa selección finlandesa en 1985, repetiu en 1987 e levou o bronce do Campionato do Mundo na competición por equipos en 1991 que se celebrou en Finlandia, canda el participaron tamén Ville Mäkisarka, Pentti Pekkanen e Marko Pulli. En 1993 o seu equipo, liderado de novo por Elopuro, volveu xogar as semifinais e quedou cuarto. Participou tamén individualmente no Campionato do Mundo entre 1989 e 1995 e chegou a cuartos de final en 1992 e 1995. Logrou prata por equipos no campionato de Europa en 1991, 1992 e 1995 e bronce por equipos de 1986-1990 e 1996. Xogou 91 partidos nacionais entre 1984–1996 e gañou oito campionatos finlandeses, sete entre 1987 e 1993 e máis o de 1995 [1] .

Na clasificación mundial de squash, Elopuro chegou a estar na sétima posición en xaneiro de 1992, o máximo posto dun xogador finlandés en xogos individuais de raqueta [2]. Logo de se retirar iniciou unha carreira de adestrador de squash, e adestrou a xogadores como Jami Äijänen[3][4] ou Miko Äijänen[5][6].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Squashin Suomen mestarit Suomen Squashliiton sivuilla". Archived from the original on 21 de xullo de 2013. Consultado o 08 de decembro de 2022. 
  2. "New boss for Finnish Squash". Squashsite. 5 de agosto de 2010. 
  3. "Jami Aijanen - Professional Squash Association". psaworldtour.com. 
  4. "Squash Info - Jami Äijänen - Squash". www.squashinfo.com. 
  5. "Miko Aijanen - Professional Squash Association". psaworldtour.com. 
  6. "Squash Info - Miko Äijänen - Squash". www.squashinfo.com.