Saltar ao contido

Sakamichi no Apollon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sakamichi no Apollon
Na rede
https://www.noitamina-apollon.com
editar datos en Wikidata ]

Sakamichi no Apollon (坂道のアポロン Sakamichi no Apollon, lit. "Apolo na pendente") é unha serie manga xaponesa escrita por Yuki Kodama. Este manga foi adaptado no 2012 nunha serie de anime titulada en inglés Kids on the Slope, dirixido por Shinichirō Watanabe. Está centrada na relación de tres amigos e o interese de dous deles pola música jazz.

A historia está ambientada na illa de Kyūshū, nunha pequena cidade da prefectura de Nagasaki, a mediados de 1960. Nishimi Kaoru é un mozo tímido e inxenuo con problemas para facer amigos, acostumado a cambiar de instituto constantemente por mor do traballo do seu pai. A súa vida cambia no verano de 1966 ao coñecer a dous compañeiros no seu novo instituto: Mukua Ritsuki, a delegada da clase, e Kawabuchi Sentaro, un rapaz problemático acostumado a non respectar as normas.

Versión en anime

[editar | editar a fonte]

A dirección estivo a cargo de MAPPA e Tezuka Productions, encarándose da produción musical a compositora Yoko Kanno.

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

Este manga gañou 57º Premio Shōgakukan na categoría de manga xeral.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]