Sacarolípido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrutura do lípido A da bacteria Escherichia coli, formado por un disacárido unido a ácidos graxos.[1]

Os sacarolípidos son glicolípidos formados por un ácido graxo unido directamente por enlace covalente a un esqueleto de glícidos.[2][3] O sacarolípido máis coñecido é o lípido A, que contén glicosamina, e forma parte do lipopolisacárido da capa externa da envoltura celular bacteriana gramnegativa,[4] Outro exemplo de sacarolípido é a trehalosa acilada da parede de Mycobacterium, que protexe estas bacterias de efectos osmóticos e do sistema inmunitario do hóspede. As micobacterias que carecen deste compoñente son facilmente destruídas polos macrófagos.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Raetz, Christian R. H.; Guan, Ziqiang; Ingram, Brian O.; Six, David A.; Song, Feng; Wang, Xiaoyuan; Zhao, Jinshi (2009). "Discovery of new biosynthetic pathways: the lipid A story". Journal of Lipid Research: S103–S108. 
  2. R. A. Bradshae, P. D. Stahl. Encyclopedia of Cell Biology. Páxina 186. Google books. [1]
  3. Varki A, Cummings RD, Esko JD, et al. Essentials of Glycobiology. 2nd edition. Capítulo 10 . Cold Spring Harbor (NY): Cold Spring Harbor Laboratory Press; 2009. NCNBI_bookshelf. [2]
  4. Anthony P. Moran et al. Microbial Glycobiology: Structures, Relevance and Applications Páxina 305. Google books. [3]
  5. Lukas Buehler. Cell Membranes. Páxina 117. Google books