Sabel Tuñón Ces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSabel Tuñón Ces
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua asturiana e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Sabel Tuñón Ces, nada en Xixón en 1963, é unha escritora asturiana en lingua asturiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sabel Tuñón é activista en asociacións ciudadás, culturais e políticas.[1] Foi cofundadora do Partíu Asturianista e nos anos 80 estivo na asociación Andecha Asturianista. Na actualidade é membro de El Garrapiellu e directiva de Iniciativa pol Asturianu.

É autora de contos para nenos de 0 a 3 anos, ademais doutros traballos, como un libro sobre Andrés Solar ou unha guía sobre a parroquia de Deva e microrrelatos publicados en prensa e antoloxías como Cuántu carbón saldría e Muyeres escritores. No eido político, formou parte da candidatura do Bloque por Asturies-Unidá Nacionalista Asturiana (UNA) para Xixón en 2011 e no movemento veciñal foi primeiro vicepresidenta e despois presidenta da "Asociación de Vecinos de Vega-La Camocha" de 2002 a 2010. Ademais foi líder do movemento de nais e pais de alumnos do IES Jacinto Benavente por máis de dezaseis anos, un centro que foi pioneiro no emprego do asturiano e na difusión da cultura asturiana.

Xunto con Takeshi Moritaku creou o primeiro dicionario asturiano-xaponés/xaponés-asturiano con 2.800 entradas, cunha transcrición fonética das palabras. Porén, aínda non foi publicado. Sabel Tuñón e Takeshi Moritaku coñecéronse en Xixón en 2002. El foi a Asturias nun intercambio para dar clases de cultura xaponesa nun instituto e, ademais aprender castelán. Aloxouse na casa de Sabel Tuñón, onde tivo contacto co asturiano e acabou facendo a «proba de coñecemento da lingua asturiana».[2]

Tuñón é membro da xunta direutiva d eIniciativa pol Asturianu.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Animalaes (Ámbitu, 2007)[4]
  • La primavera (Ámbitu)
  • Los animales (Ámbitu)
  • Kiko Perico (Ámbitu)
  • Animalinos (Ámbitu)
  • Deva peles siendes d'Andrés Solar Santurio (Conceyu de Xixón, 2005)
  • Diccionariu asturianu-xaponés (sen publicar)

Notas[editar | editar a fonte]