SKRL

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SKRL 756»)

SKRL ou SKRL-756 foi unha serie de dous satélites artificiais de Rusia lanzados o 28 de decembro de 2013 mediante un foguete Soiuz 2-1v Volga desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os satélite SKRL eran esferas pasivas para calibración de radares terrestres. Foron lanzadas no voo inaugural do Soiuz 2-1v Volga e inxectados en órbitas de aproximadamente 590 km de perixeo e 618 km de apoxeo, cunha inclinación orbital de 82,42º. As esferas, cunha masa de 45 kg cada unha, ían montadas nun adaptador cilíndrico que levaba tamén a bordo o satélite Aist 1.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "SKRL" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SKRL-756 1, 2" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]