Shi Jian 6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SJ 6H»)

Shi Jian 6 ou SJ 6 foi unha serie de oito satélites artificiais da China lanzados entre 2004 e 2010, todos mediante foguetes CZ-4B desde o Centro de lanzamento de Taiyuan.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os satélite SJ 6 foron denominados SJ 6A, 6B, 6C, 6D, 6E, 6F, 6G e 6H. Foron construídos pola Academia China de Tecnoloxía Espacial (CAST, en inglés) e eran lanzados por pares. A súa misión era estudar a contorna de radiación da Terra e realizar outros experimentos no espazo. Posiblemente tamén fixeran tarefas de intelixencia electrónica.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
SJ 6A 8 de setembro de 2004 CZ-4B Éxito
SJ 6B 8 de setembro de 2004 CZ-4B Éxito
SJ 6C 23 de outubro de 2006 CZ-4B Éxito
SJ 6D 23 de outubro de 2006 CZ-4B Éxito
SJ 6E 25 de outubro de 2008 CZ-4B Éxito
SJ 6F 25 de outubro de 2008 CZ-4B Éxito
SJ 6G 6 de outubro de 2010 CZ-4B Éxito
SJ 6H 6 de outubro de 2010 CZ-4B Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2021). "SJ" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SJ 6A, 6B, 6C, 6D, 6E, 6F, 6G, 6H" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]