Sistema de Información Territorial de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "SITG")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Sistema de Información Territorial de Galicia (SITGA), é un organismo da Xunta de Galicia, dependente da consellería de Política Territorial. Encárgase da creación e xestión de cartografía do país.

Descrición[editar | editar a fonte]

O SITGA é un dos departamentos da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, xurdido como resposta ás necesidades de información durante a elaboración do "Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia" (PDC). Está centrado na recompilación e tratamento de información do territorio galego, así como na produción cartográfica.

Organízase en torno a un sistema de información xeográfica capaz de integrar múltiples tipos de datos, o que converte o SITGA nunha ferramenta moi versátil, responsábel fundamentalmente da xeración de cartografía básica e temática a escala local, comarcal e nacional. A temática comprendida abrangue dende información demográfica e socioeconómica, até a do medio físico e a ambiental, ademais de equipamentos e infraestruturas.

Sede[editar | editar a fonte]

Ten a súa sede en lugar de Lamas de Laraño, en Santiago de Compostela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]