SDC San Antonio (hóckey a patíns)
SDC San Antonio | |
---|---|
Cidade | Pamplona |
A sección de hóckey a patíns da Sociedad Deportiva Cultural San Antonio é un club de hóckey a patíns da cidade de Pamplona (Navarra) que actualmente compite na Primeira División, a segunda categoría do hóckey a patíns no Estado español.
Historia
[editar | editar a fonte]O equipo de hóckey a patíns foi fundado en 1955 e foi a primeira das disciplinas do club. Foi nos anos sesenta cando o San Antonio conseguiu os seus mellores resultados.
A permanencia na Primeira División ata 1990 foi un logro, xa que os antonianos adestraban no pavillón de Noain a partir das dez da noite e contaban con serios problemas de financiamento e patrocinio.
Na última década do século XX o San Antonio experimentou unha serie de trocos a tódolos efectos. Carlos Mendia tomaba o relevo a Carmelo Paniagua, que deixaba o seu cargo como adestrador en 1995 logo de doce tempadas á fronte do equipo. Porén, o novo dirixente non puido evitar o descenso á Primeira División B. Os de pamploneses non deixaron no seu intento de regresar á Primeira División e en dúas ocasións (tempadas 1991-92 e 1992-93) xogaron a fase de ascenso. Tras Mendia, Alberto Urdaniz asumiu a responsabilidade de devolver ao equipo á división de prata e, agás en 1998, tódolos anos xogaron a fase de ascenso. Finalmente, o 1 de maio do 2005, conseguiu recuperar a categoría en Oviedo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |