Saltar ao contido

Síndrome postorgásmica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Síndrome postorgásmica
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
 Instancia de
Características
 Especialidade médica
Códigos e identificadores
Freebase/m/05p5_7y Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A síndrome postorgásmica (POIS polas súas siglas inglesas postorgasmic illness syndrome) é unha enfermidade que se caracteriza por síntomas de debilidade tras o orgasmo que pode durar de varias horas a varios días.[1][2][3] Foi descrito por primeira vez no ano 2002.[4]

Síntomas

[editar | editar a fonte]

Os síntomas normalmente aparecen despois de media hora do orgasmo e vaise aos poucos días.[3][4]

O afectado pode experimentar síntomas mentais e físicos. Os síntomas mentais comúns inclúen disfuncións cognitivas, intenso malestar, irritabilidade, ansiedade, necesidade de descanso, susceptibilidade para o estrés, depresión, dificultade para comunicarse, para lembrar palabras, ler e reter información, concentración e socialización.[1][3][4][5] Os síntomas físicos inclúen fatiga severa, dor de cabeza leve ou severa, e síntomas parecidos á gripe ou á alerxia, tales como tose, irritación dos ollos e nasal ou mialxia.[3][4] Os afectados tamén poden experimentar calor intensa.[1][2]

O doutor Waldinger di que esta enfermidade é propensa a ser relacionada con factores psicolóxicos ou hipocondría.[2] No ano 2010, nun estudo do British Medical Journal, Dexter comenta unha forma de dor de cabeza orgásmica con POIS, e referencia un encontro científico con centos de enfermos que describían a súa situación.[3][5]

Tratamento

[editar | editar a fonte]

Os pacientes de POIS empezan a ser tratados con técnicas para alérxicos de seme.[6] Os afectados evitan a actividade sexual,[2] especialmente o orgasmo, ou programalo para ocasións nas que poidan recuperarse.[4]

Un médico tratou a dúas persoas, cuxos síntomas primarios foron estado de ánimo depresivo intenso, cos inhibidores selectivos da recaptación de serotonina.[7]

Epidemioloxía

[editar | editar a fonte]

A POIS podería afectar a entre o 0.25% e o 1% da poboación.[8] Está considerada unha enfermidade rara.[9][10]

  1. 1 2 3 Waldinger MD, Meinardi M, Zwinderman A, Schweitzer, D. (Abril 2011). "Postorgasmic Illness Syndrome (POIS) in 45 Dutch Caucasian Males: Clinical Characteristics and Evidence for an Immunogenic Pathogenesis (Part 1)". The Journal of Sexual Medicine. doi:10.1111/j.1743-6109.2010.02166.x.
  2. 1 2 3 4 Waldinger MD, Schweitzer DH (2002). "Postorgasmic illness syndrome: two cases". J Sex Marital Ther 28 (3): 251–5. PMID 11995603. doi:10.1080/009262302760328280.
  3. 1 2 3 4 5 Dexter S (2010). "Benign coital headache relieved by partner’s pregnancies with implications for future treatment". British Medical Journal.
  4. 1 2 3 4 5 Richard Balon, R. Taylor Segraves (2005). Informa Health Care, ed. Handbook of sexual dysfunction. isbn 9780824758264. Consultado o 4 de marzo de 2012.
  5. 1 2 "Post Orgasmic Illness Syndrome (POIS)". The Naked Scientists. 2010.
  6. Waldinger MD, Meinardi M, Zwinderman A, Schweitzer, D. (Abril 2011). "Hyposensitization Therapy with Autologous Semen in Two Dutch Caucasian Males: Beneficial Effects in Postorgasmic Illness Syndrome (POIS; Part 2)". The Journal of Sexual Medicine. doi:10.1111/j.1743-6109.2010.02167.x.
  7. Friedman, Richard A. (19 de xaneiro de 2009). "In the Brain, if Not the Mind". The New York Times. Consultado o 4 de marzo de 2012.
  8. Rasmussen BK, Olesen J (1992). "Symptomatic and nonsymptomatic headaches in the general population.". Neurology 42 (6): 1225–31. PMID 1603351.
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2012. Consultado o 04 de marzo de 2012.
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2015. Consultado o 04 de marzo de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

ligazóns externas

[editar | editar a fonte]