Río Seille
Aparencia
Río Seille | |
---|---|
Vista do río Seille ao seu paso por Vic-sur-Seille. | |
País | Francia |
Nacemento | Estanque de Lindre |
Lonxitude | 118 |
Conca | 12.914 |
Caudal medio | 9,77 |
Desembocadura | Río Mosela |
O río Seille é un afluente pola dereita do río Mosela, co que conflúe en Metz.
A súa fonte sitúase no estanque de Lindre, do departamento francés de Mosela. Rega as terras deste departamento e máis as do Meurthe facendo nun tramo de lindeiro entre ámbolos dous.
A súa conca ten unha superficie total duns 12.914 quilómetros cadrados e posúe unha lonxitude de 118 quilómetros.
É un río de augas preguiceiras, lento, vagaroso, de xenerosas enchentes aproveitadas para uso agrícola.
Tentouse facer navegábel nos séculos XVIII e XIX, pero nunca se chegou a bo porto en ningún dos séculos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina sobre o río Seille en francés Arquivado 23 de decembro de 2007 en Wayback Machine.