Río Elorz
Aparencia
Elorz | |
---|---|
País | España |
Nacemento | Serra de Izco (Navarra) |
Lonxitude | 19 km |
Conca | 70 km² |
Caudal medio | 12 m³/s |
Desembocadura | Río Elorz |
O Elorz (en éuscaro: Elortz) é un río de Navarra, afluente do río Arga, que procede da vertente Oeste do Porto de Loiti. Ten unha lonxitude de 35 km e conforma unha conca de 282 km². Nace na Serra de Izco. Os seus principais afluentes son os ríos Unciti e Sadar, pola marxe dereita, e o barranco de Errekaldea, que provén do Porto do Carrascal, pola esquerda. Atravesa o seu val homónimo e entra en Pamplona polo sur da meseta de Donapea, no límite coa Cendea de Cizur, onde recibe ao río Sadar uns metros antes da Avenida de Aróstegui. Discorre despois encaixado baixo as ripas no barrio de Echavacoiz e continúa cara ao termo de Zizur Nagusia entre hortas desembocando finalmente no río Arga.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información na web do Parque Fluvial de Pamplona Arquivado 28 de xuño de 2015 en Wayback Machine. (en castelán)