Rugby Europe
Aparencia
Rugby Europe é o organismo responsable da promoción, o desenrolo e a administración das competicións internacionais de rugby nas 48 federacións europeas que compoñen a súa membresía, baixo a autorización de World Rugby, o ente reitor deste deporte a nivel mundial. Entre as competicións que organiza cabe salientar a fase de clasificación para a Copa do Mundo de Rugby cada catro anos e o Rugby Europe Championship anual (denominado popularmente Seis Nacións B).
Rugby Europe é o nome que recibe dende 2014 a antiga Fédération Internationale de Rugby Amateur (FIRA) fundada en 1934.