Rufino Rivera Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Rufino Ribera Losada")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rufino Rivera Losada
Falecemento1915
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Rufino Rivera Losada, nado en Ourense e finado en Madrid en xullo de 1915[1], foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Delineante e funcionario de Camiños provinciais. Instalouse en Pontevedra onde dirixiu os periódicos O Galiciano e A Tía Catuxa. Colaborou noutras publicacións co pseudónimo "O Galiciano". Publicou o volume O Galiciano. Producciós premeadas no certame gallego literario que iniciado por O Galiciano celebrouse en Pontevedra o 9 de agosto de 1886, no que se recollen os traballos premiados no certame promovido pola revista. Foi o promotor do primeiro concurso de maios de Pontevedra. En 1893 trasladouse a Madrid para ocupar un posto de delineante no Ministerio de Fomento.

Obras[editar | editar a fonte]

Publicou en O Galiciano os relatos "Un que foi por lan", "O que son os casamentos pola nova", "O conto da lebre", "Unhas cirolas de merto", "Martes", "A Noiteboa dos labregos", "A morte de Xusto" e "O ramo" (algúns deles volveron aparecer en A Tía Catuxa. En El Gallego apareceu o conto "Un bautismo na ponte do Burgo".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en Diario de Pontevedra, 14-7-1915, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]