Saltar ao contido

Ruaille Buaille

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ruaille Buaille
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
2005 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: ruaillebuaille Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Ruaille-Buaille é un grupo musical vasco de música folk e tradicional, fundado no ano 2005 en Barakaldo (Biscaia).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O nome pronúnciase "Rula-Bula" e úsase en gaélico irlandés para describir o ambiente animado dos bares.

Ruaille-Buaille naceu pola unión de músicos de ampla traxectoria na música folk. O grupo tivo desde os comezos unha fortísima influencia do folk irlandés e un marcado carácter acústico. Porén o grupo foi evolucionando e definindo o seu propio estilo musical, bebendo doutras fontes axenas á cultura irlandesa coma a galega, balcánico e por suposto vasca, introducindo tamén bases rítmicas, batería e baixo eléctrico. O grupo resultou gañador no Proxecto Runas 2013 do Festival Internacional do Mundo Celta.[1]

Orixinalmente, os membros do grupo eran 5 mais por mor da interrupción causada pola pandemia da COVID-19, a maioría dos membros da banda decidiron deixala. Porén os membros Duncan Bennet e Beltza Aveleira decidiron continuar, cun novo proxecto, baixo o nome de RULA, e atraeron a dous novos membros: Iker Lope de Bergara e Marce Elorza.

Discografía..

[editar | editar a fonte]
  • /´ru:lә `bu:lә/ (pronounced "rula-bula") (2009)
  • Blue Jig (2011)
  • 'Bon Temps, Ruaille? (2014)

Compoñentes

[editar | editar a fonte]
  1. "Ruaille Buaille se convierte en ganador del Proyecto Runas 2013". festivaldeortigueira.com (en castelán). 12 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]