Ru (mitoloxía)
Ru é na tradición oral de Aitutaki (Illas Cook), un dos devanceiros fundadores da illa, descrito como o primeiro ser humano en chegar e se instalar nela, antes da chegada de Te Erui e de Ruatapu
Orixe
[editar | editar a fonte]Ru era orixinario de Avaiki, unha illa que nesa época estaba superpoboada e Ru decidiu construír unha piragua dobre (katea) para partir á procura de novas terras, deulle por nome Nga-Puariki, acompáñano os seus catro irmáns máis novos Tai-te-ra-iva, Tai-te-ra-varu, Veri-Tuamaro e Ru-Takina e as súas catro donas Papa-kura, Kipapa-ei-tara, Te Ararau-enua e Ruiaau, e solicita permiso o ariki para que o acompañasen tamén 20 doncelas, fillas de xefes (tapairu)
A travesía e instalación en Aitutaki
[editar | editar a fonte]Logo dunha longa e difícil travesía durante a que Ru e os seus acompañantes houberon afrontar tempestades e vagas xigantes, a piragua chega a unha terra á que lleu dá o nome de "Araura" ou segundo outras versións Utataki-enua-o-Ru-ki-temuana[1] (terra procurada e atopada no mar por Ru), a illa estaba deshabitada e os navegantes instálanse nela, Ru nomeou koromatua como señores da illa, ou ben dividiu a terra entre as 20 tapairu, esquecendo os seus irmáns que anoxados deixaron a illa chegando ata a actual Nova Zelandia.