Rossi X-ray Timing Explorer
Aparencia
Rossi X-ray Timing Explorer / XTE | |
---|---|
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | NASA |
Destino actual | Fóra de servizo desde 2012.[1] |
Data de lanzamento | 30 de decembro de 1995, 13:48 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta 7920[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral[3][6] |
Obxectivo da misión | Observación do ceo en raios X.[3][6] |
NSSDC ID | 1995-074A |
Masa | 3200 kg[3] |
Potencia | 800 vatios[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6634 km[1] |
Inclinación | 23,0 graos[1] |
Apoapse | 265,9 km[1] |
Periapse | 262,0 km[1] |
Rossi X-ray Timing Explorer, tamén coñecido como RXTE e coñecido inicialmente como X-ray Timing Explorer ou XTE, foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 30 de decembro de 1995 mediante un foguete Delta 7920 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]XTE foi un observatorio espacial en raios X capaz de facer observacións con gran resolución temporal no rango entre 2 e 200 keV.[3][5][6]
XTE foi desactivo o 5 de xaneiro de 2012 tras 17 anos en servizo.[3][5][6]
Instrumentos científicos
[editar | editar a fonte]XTE levaba os seguintes instrumentos a bordo:[3][5][6]
- PCA (Proportional Counter Array): matriz de conteo proporcional, composto por cinco contadores proporcionais de gas xenon para o rango de enerxías entre 2 e 60 keV.
- HEXTE (High Energy X-ray Timing Experiment): detector de raios X de elevada enerxía, ata 200 keV.
- ASM (All Sky Monitor): monitor global celeste capaz de observar o 70 % do ceo en cada órbita no rango entre 2 e 10 keV.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "XTE" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 4 June 1996 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-84590T). 28 de xuño de 1996: 16. Consultado o 8 de abril de 2018.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 NASA (27 de abril de 2016). "X-Ray Timing Explorer" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "XTE / RXTE / Rossi X-ray Timing Explorer" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: XTE (RXTE, Rossi)" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "XTE" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rossi X-ray Timing Explorer |