Saltar ao contido

Rosa Vaamonde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRosa Vaamonde
Biografía
Nacemento1832 Editar o valor en Wikidata
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Morte1898 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilántropa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSebastián de la Fuente Alcázar Editar o valor en Wikidata
PaiFlorencio Rodríguez Vaamonde Editar o valor en Wikidata

Rosa Rodríguez-Vaamonde Domínguez, tamén coñecida como Rosa Bahamonde, nada en Tui en 1832 e finada en 1898, foi unha filántropa galega, que herdou e doou varias obras pictóricas ao Museo del Prado.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de María do Carme Domínguez Figueroa e Florencio Rodríguez Vaamonde. Comprometida coa actividade política e cultural de seu pai, foi herdeira dunha colección de importantes pinturas (entre elas copias de Tiziano ou obras de Pedro Berruguete) así como dunha serie de propiedades e bens cos que realizou numerosas doazóns en honra ao seu pai. Entre elas, recórdase nalgunhas necroloxías da familia[onde?] unha rica e moi agradecida doazón ao hospital tudense, posteriormente coñecido como Instituto San Paio, Área Panorámica e, na actualidade, como Edificio Francisco Sánchez.

Pola súa achega á vila de Tui, o Concello concedeulle a Rosa Vaamonde o seu nome a unha céntrica rúa da cidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]