Saltar ao contido

Rosa Porriño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Variedade Rosa Porriño

Rosa Porriño é a denominación comercial dunha variedade de granito que se explota en Galicia. Presenta un ton rosado, é moi compacta e de fractura irregular. Polas súas características extráese en frontes de gran lonxitude, podéndose obter bloques de gran volume. Admite todo tipo de acabados, podéndose aplicar en ambientes tanto interiores coma exteriores.

Como nome comercial, non pode ser empregado para vender outros produtos similares. Por esta razón, e debido á sona que acadou este granito, na China rexistrouse o nome China Porriño para outra pedra natural rosada.[1]

Extracción

[editar | editar a fonte]
Canteira de granito Rosa Porriño en Atios (O Porriño).

Tradicionalmente, o granito extráese en canteiras a ceo aberto mediante corte con fío diamantado, rozadoiras de brazo e de disco. Isto supón a creación de bancos sucesivos e descendentes, chamados bancadas.

Por termo medio, un 25% do granito removido é comercializado en forma de bloque. As pezas que presentan algunha impureza son apartadas para unha segunda proba de calidade. Aqueles bloques que aparecen lixeiramente fracturados divídense para obter perpiaños, bordos ou lastros[2].

Características físico-mecánicas[3]

[editar | editar a fonte]
  • Masa volumétrica: 2,61 gr/cm³
  • Coeficiente de absorción: 0,30 %
  • Resistencia mecánica á compresión: 1.149 kg/cm²
  • Resistencia mecánica á flexión: 119 kg/cm²
  • Resistencia ao desgaste: 1,00 mm.
  • Resistencia ao impacto: 55 cm.
  • Módulo de heladicidade: 0,04 %
  1. "En Asia inventa el granito China Porriño" (28/9/2017). La Voz de Galicia (en castelán).
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2008. Consultado o 25 de marzo de 2009. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2008. Consultado o 25 de marzo de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]