Roptría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Traquizoítos de Toxoplasma gondii vistos con microscopio electrónico de transmisión.[1] Roptrías: ro (facer clic para ampliar).
Esquema dun apicomplexo. O número 4 son as roptrías.

As roptrías son orgánulos especializados na secreción propios de certos protozoos parasitos. Teñen aspecto de vesículas con forma de maza e están conectados por delgadas prolongacións ou pescozos ao polo apical do parasito. Estes orgánulos, xunto cos micronemas, son característicos e exclusivos dos estadios móbiles dos protozoos Apicomplexa, como por exemplo Plasmodium falciparum ou Toxoplasma gondii. Poden variar en número e forma e conteñen numerosos encimas, que se liberan durante o proceso de penetración do parasito no hóspede, polo que son importantes na interacción hóspede-parasito.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rigoulet, Jacques; Hennache, Alain; Lagourette, Pierre; George, Catherine; Longeart, Loïc; Le Net, Jean-Loïc; Dubey, Jitender P. (2014). "Toxoplasmosis in a bar-shouldered dove (Geopelia humeralis) from the Zoo of Clères, France". Parasite 21: 62. ISSN 1776-1042. PMID 25407506. doi:10.1051/parasite/2014062. 
  2. Bradley, Peter J.; Ward, Chris; Cheng, Stephen J.; Alexander, David L.; Coller, Susan; Coombs, Graham H.; Dunn, Joe Dan; Ferguson, David J.; Sanderson, Sanya J. (2005-10-07). "Proteomic analysis of rhoptry organelles reveals many novel constituents for host-parasite interactions in Toxoplasma gondii". The Journal of Biological Chemistry 280 (40): 34245–34258. ISSN 0021-9258. PMID 16002398. doi:10.1074/jbc.M504158200. Consultado o 19 de maio de 2021.