Rohini (satélites)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
RS-D1.

Rohini foi unha serie de catro satélites artificiais da India lanzados entre 1979 e 1983.[1][2][3]

Características[editar | editar a fonte]

Os satélites Rohini, sucedidos polos Stretched Rohini Satellite Series, foron catro demostradores tecnolóxicos para probar novas tecnoloxías. Rohini 1A, tamén coñecido como RTP (Rohini Test Payload) e Rohini 1B, coñecido ademais como RS 1 (Rohini satellite 1) foron usados para probar o rendemento do foguete SLV 3. Ambos tiñan unha masa de 35 kg, estabilizábanse mediante xiro, levaban células solares para producir enerxía e levaban instrumentación para monitorizar o lanzamento ata órbita.[1][2][3]

Rohini 2 e 3 (coñecidos tamén como RS D1 e D2) foron lanzados para probar unha plataforma sinxela de observación da Terra. Eran similares a RTP e RS 1, cunha masa similar, estabilizándose mediante xiro e alimentándose mediante células solares. RS D1 reentrou na atmosfera prematuramente, aos 9 días de chegar a órbita, debido a unha altura orbital máis baixa do previsto. RS D2 levaba sensores para a luz visible e infravermella e a súa misión durou 17 meses.[1][2][3]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2][3] Data de lanzamento[1][2][3] Foguete lanzador[1][2][3] Notas[1][2][3]
Rohini 1A 10 de agosto de 1979 SLV 3 Fallo
Rohini 1B 18 de xullo de 1980 SLV 3 Éxito
Rohini 2 31 de maio de 1981 SLV 3 Fallo parcial
Rohini 3 17 de abril de 1983 SLV 3 Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2021). "Rohini" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "RTP, RS 1 (Rohini 1A, 1B)" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "RS D1, D2 (Rohini 2, 3)" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]