Rodrigo García Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRodrigo García Rey
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1893 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xaneiro de 1969 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Rodrigo Patricio García Rey, nado en Santiago de Compostela o 17 de marzo de 1893 e finado na mesma cidade o 11 de xaneiro de 1969,[1] foi un practicante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Practicante en medicina. Masón. O 26 de marzo de 1930 foi un dos asinantes do Pacto de Lestrobe. Foi directivo de Unión Republicana na provincia da Coruña. Practicante do Gran Hospital de Santiago, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi destituído. Foi procesado pola Xurisdición militar e estivo preso do 21 de xullo de 1937 ao 10 de abril de 1940. O Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo condenouno a 12 anos e 1 día de prisión, que foi conmutada a 6 anos e 1 día o 1 de xullo de 1943. Ingresou novamente en prisión en novembro de 1941, e saíu en liberdade vixiada e confinado en Reus en xuño de 1943. En abril de 1945 autorizaron o seu traslado a Laíño e o 26 de xuño dese ano cumpriu definitivamente a pena.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-1-1970, p. 15.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lamela García, Luis (2005). So Castro, ed. 1936, la Cruzada en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada. pp. 227–229. ISBN 84-8485-186-9.