Roberto Espinosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoberto Espinosa
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Verviers, Bélxica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBélxica
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Membro de

Roberto Méndez Espinosa, nado en Verviers (Bélxica) o 29 de outubro de 1967, é un músico español. Actualmente é o cantante do grupo de rock ECO.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicia a súa carreira musical en 1983, vivindo xa en España. Esa primeira banda, Axioma, non chegaría a triunfar, pero serviríalle para coñecer pouco tempo despois a Javier Blanco, Roberto Gaztelumendi e José Alberto Márquez, cos que formaría Tundra. O 18 de febreiro de 1985 fixeron a súa primeira actuación, e a partir de entón compartiron cartel con innumerables bandas de rock do panorama español. Tras dous anos de constantes concertos, preséntaselles a posibilidade de gravar unha demo e un prestixio crecente, aparecendo nas principais revistas do xénero. Non tódolos membros do grupo están decididos a vivir da música, polo que finalmente se acaban separando.

En 1991 Roberto chega a Proyecto de Ley, un grupo xa establecido e a piques de gravar o seu primeiro álbum. Tras a publicación do álbum o grupo enzárzase nunha exitosa xira por toda España, que fai que os seus temas estean presentes nas principais listas de éxitos. Para a preparación do segundo álbum, Roberto participa xa como compositor e letrista, aínda que diferenzas existentes entre el e o resto de compoñentes da banda propician a súa saída do grupo e o inicio da súa carreira en solitario.

Coa inestimable axuda de Javier Rubio, decídese a dar luz verde a un proxecto que chamaría Spinozza, gravando unha serie de temas que pouco tiñan que ver co que fixera anteriormente, dándose a valer como cantante. En 1999 coñece ao compositor Miguel Herrero, que lle invita a unirse ao seu proxecto, Doctor Funkenstein, como letrista e cantante. A pesar do ilusionante do proxecto, os compromisos profesionais dos seus membros fixeron imposible que chegaran máis lonxe, momento que aproveitou Roberto para compoñer e para facer colaboracións.

En 2004 coñece a Alberto Cereijo e a Tino Mojón, e xuntos inician o proxecto ECO, máis tarde chegaría a incorporación de Diego P. Castro. Publicaron o seu único álbum Réplica en 2007.

Discografía[editar | editar a fonte]

Con ECO[editar | editar a fonte]

* Réplica (2007)

Con Proyecto De Ley[editar | editar a fonte]

* Proyecto De Ley (1997)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]