Saltar ao contido

Rider técnico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un rider ou rider técnico é un documento no que se presentan as necesidades técnicas dun artista/banda para realizar adecuadamente o seu espectáculo, e que a empresa promotora do acto debe poñer a súa disposición.

O rider, unha vez nas mans do promotor, permítelle seleccionar unha empresa de backline que lle poida satisfacer esas demandas dentro dun orzamento limitado. É por iso que o rider debe, ao mesmo tempo, adaptarse a as características do evento e ser coherente (un rider non é unha carta dos reis[1]).

O rider, polo tanto, debe ser o máis preciso e organizado posible, incluíndo que material leva o propio artista, marcas e material de preferencia, micrófonos, tipo de iluminación, planta de escenario, demandas de aloxamento e cátering, etc.[2]

Como é lóxico, o rider debe ser enviado antes de confirmar evento algún, e con suficiente antelación para que as partes implicadas teñan posibilidade de comparar alternativas.

Partes dun rider

[editar | editar a fonte]

Xeralmente, o rider divídese en varias seccións, aínda que estas poden variar en función de cada artista e situación.

Nome da banda, data e nomenclatura que identifique que o documento tratase dun rider técnico.

Índice das seccións que compoñen o rider e o seu número de páxina para facilitar a consulta.

  • Artistas/músicos.
  • Membros do equipo técnico (técnicos de P.A. e monitores, manager, roadie, fotógrafo…).

Proba de son

[editar | editar a fonte]

Especifícase o tempo necesario para a montaxe de backline e proba de son da banda.

Escenario

[editar | editar a fonte]

Medidas do escenario, número e medidas de tarimas, cortina de fondo, proxector, alfombra da batería etc.

Sistema de P.A/F.O.H.

[editar | editar a fonte]
  • Modelo e características do sistema de P.A./F.O.H. (configuración de altofalantes, nivel de SPL que se esixe…).
  • Modelo e características da mesa de mesturas (analóxica ou dixital, número de canles…).
  • Procesadores (Eq. Gráficos, compresores…).
  • Localización do espazo dedicado ao técnico de P.A./F.O.H.

Sistema de monitores

[editar | editar a fonte]
  • Modelo e características do sistema de monitores (configuración e tipo de monitores, número de monitores…).
  • Modelo e características de mesa de mesturas (analóxica ou dixital, número de canales…).
  • Procesadores (Eq. Gráficos, compresores…).
  • Localización do espazo dedicado ao técnico de monitores.

Neste apartado especifícase o backline que trae a banda e o que debe proporcionar o promotor do evento.

O backline inclúe os instrumentos, amplificadores, micrófonos, monitores… e todo o material técnico que se vai empregar no escenario durante o evento.

Microfonía e patch

[editar | editar a fonte]
Táboa de Patch da banda The W.A.B.

Adoita presentarse en forma de táboa e componse de:

  • Canle (Channel): número de canles necesarios na mesa e o seu orde.
  • Entrada (Imput): fonte sonora asociada a canle correspondente.
  • Micrófono (Mic.): modelo de micrófono.
  • Inserto (Insert): tipo de inserto aplicado a canal correspondente (compresión, porta de ruído…).
  • Efectos (FX): tipo de efecto aplicado a canle correspondente (reverb, delay...).
  • Soporte (Stand): tipo de soporte de micrófono (grande, pequeno, de xirafa, de pinza…).

Envíos a monitores

[editar | editar a fonte]

Número de monitores asignados a cada membro e os niveis aproximados de envíos a monitores de cada un deles.

Planta de escenario

[editar | editar a fonte]
Planta de escenario (Stage Plot) da banda de brutal-punk The W.A.B., onde se mostra toda a disposición do backline sobre o escenario.

Coñecida en inglés como Stage Plot, tratase dun plano do escenario no que se presenta de forma visual a colocación no escenario dos membros, o seu backline, orientación e número de monitores, tomas de corrente, paso de cables etc.

Iluminación

[editar | editar a fonte]

Características do sistema de iluminación (tipo e número de luces, orientación, lista de canles de DMX…).

Outras necesidades

[editar | editar a fonte]

Preséntanse necesidades diversas, como aloxamento, características do camerino, pases de invitación, seguridade, catering, bebidas, estacionamento, transporte, etc.

Modificacións cronolóxicas do rider

[editar | editar a fonte]

As negociacións dun evento poden durar meses, tempo durante o cal pode variar o modelo de rider. Por iso débese especificar a data de publicación do rider e as distintas modificacións cronolóxicas do mesmo, de modo que a empresa promotora poida asegurarse de que traballa coa versión actualizada do rider.

Información de contacto

[editar | editar a fonte]

Inclúe información para contactar coa banda ou seu representante e co persoal técnico.

O Contra-rider

[editar | editar a fonte]

En ocasións, a empresa promotora non pode satisfacer todas as peticións que o artista solicita no rider principal, pero dispón de alternativas. Neste caso, elabórase un Contra-Rider no que ó artista se lle presentan unhas alternativas de backline. Neste punto, o artista debe decidir si esas alternativas lle permiten levar adiante o seu espectáculo, ou si polo contrario debe cancelarse.

Un bo rider, polo tanto, debería ser negociable e ter certa flexibilidade.

Ao mesmo tempo, si o contra-rider é elaborado por unha empresa que coñece moi ben o espazo no que se vai a realizar o evento, pode aportar alternativas de backline máis adecuadas a ese espazo en particular.

Plataformas de creación de riders[3]

[editar | editar a fonte]

Aínda que o rider pode elaborarse con diversas plataformas como Photoshop, Illustrator, ou incluso a man, existen diversas aplicacións dedicadas a tal cometido como:

  • Musicotec[4]
  • Stage Plot Guru[5]
  • StagePlot Designer
  • StagePlot Pro[6]
  1. "La importancia (y el peligro) del rider técnico". Hispasonic (en castelán). Consultado o 2017-11-14. 
  2. "¿Qué es un rider? Rider técnico de músicos y artistas". Jacks on the Rocks: Alquiler (en castelán). 2016-12-04. Consultado o 2017-11-14. [Ligazón morta]
  3. "Aplicaciones para hacer un buen rider técnico - Producciones El Sótano". Producciones El Sótano - Sonido e iluminación profesional (en castelán). 2016-05-23. Consultado o 2017-11-14. 
  4. "Herramienta online para crear riders técnicos". Musicotec (en castelán). Consultado o 2017-11-14. 
  5. "StagePlot Guru For iPad | Stage Plot Application". StagePlot Guru For iPad | Stage Plot Application. Consultado o 2017-11-14. 
  6. "StagePlotPro". www.stageplot.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2017. Consultado o 2017-11-14.